Álvaro Cunqueiro, cultivador dos máis variados xéneros literarios, tivo como profesión a de xornalista. Sabida a importancia indiscutible da súa obra e das súas posibilidades estéticas e temáticas, este volume quere reivindicar a produción aparecida en El Pueblo Gallego entre 1932 e 1936, de capital importancia para a configuración e comprensión da obra cunqueiriana como poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, crítico e tradutor, tanto de Pre coma de Posguerra, e, sobre todo, desexa salientar o labor periodístico do mindoniense, tan brillante e rebordante de imaxinación nestes textos coma en calquera dos seus libros.
- Titulo: O mundo e outras vésperas. Colaboración en El Pueblo Gallego (1932-1936)
- Autor: Cunqueiro, Álvaro
- Editora: GALAXIA
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2022
- Assunto: LIBROS > NARRATIVA > FICCION
- ISBN: 9788491519041