Cada exemplar de Do berce á lúa é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación. Apoiándose nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, acumulación…) e en imaxes recoñecibles que destacan sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Dó re mi achéganos á diversidade das aves e ás notas musicais.
- Titulo: Dó re mi
- Autor: Rubio Herrero, Antonio
- Editora: KALANDRAKA
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2022
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 3 A 4 AÑOS
- ISBN: 9788413431659