A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre;con lendas afundidas polo tempo e polas augas;cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños.
- Titulo: Volverás, golfiño
- Autor: Maceiras Lafuente, Andrea
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2014
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL > LITERATURA INFANTIL: DE 10 A 12 AÑOS
- ISBN: 9788499145792