Este é un libro para recuperar a historia secuestrada polo franquismo, mais tamén un libro para a acción, para cambiar as cousas.Aquí non houbo Guerra Civil, senón un auténtico xenocidio. Como sinala o xuíz Garzón, ‘un plan sistemático e preconcibido de eliminación de opoñentes políticos a través de múltiples mortes, torturas, exilio e desaparicións forzadas de persoas’, con máis de 5.000 asasinados polo fascismo en toda Galiza e máis de 600 na comarca da Coruña. Aquí houbo campos de concentración, os franquistas roubaron miles de nenas e nenos ás súas familias sen que o Goberno se implique na súa recuperación, aínda quedan máis de cen mil persoas nas fosas de todo o Estado… Non podemos esquecer!A chamada Transición, moi valorada polo paso pacífico dunha ditadura á democracia, tivo aspectos moi negativos, como o pacto de silencio dos principais partidos para deixar de lado o tema das vítimas do franquismo e a conversión, na práctica, da Lei de Amnistía nunha impunidade dos crimes do franquismo.Este libro é un acto de xustiza con todas as persoas que deron a súa vida ou sufriron a represión franquista e que foron xermolos de paz e liberdade.
- Titulo: A historia secuestrada polo franquismo
- Autor: Monge González, Manuel
- Editora: LAIOVENTO (IBD)
- Idioma: Galego
- Capa: OTRO FORMATO LIBRO
- Ano de edição: 2017
- Assunto: LIBROS > GENERICO
- ISBN: 9788484873556