Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá. Agora, con dez anos, volve ser protagonista doutro suceso: ela, Franz Apple e Gloria a Musaraña atoparon un cadáver con roupas doutro século na lagoa dos Colonos. Este non será o único corpo sen vida que aparecerá na vila. Liliam, atraída polos enigmáticos cadáveres, incitará a Franz e a Gloria a investigar pola súa conta sen sospeitar que ela vai ser unha peza clave no curso dos acontecementos. Unha fascinante novela de intriga e misterio, con doses de fantasía, medo e humor, dirixida a ese lectorado infantil que xa camiña cara á adolescencia.
- Titulo: Liliam Strawberry e o paxaro da morte
- Autor: Tomé, Abel
- Editora: XERAIS
- Idioma: Galego
- Capa: RUSTICA
- Ano de edição: 2023
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL
- ISBN: 9788411102667