Un relato divertido, sinxelo e eficaz que, con acento poético, tira proveito da linguaxe e salienta o valor da amizade cunha mensaxe clara e directa para os lectores: nin bólas de xeado, nin colchóns de pluma, nin elefantas amarelas alegran o corazón das princesas tanto como un bo amigo. Un conto para que os nenos aprendan a recoñeceren os valores e a gozaren plenamente da infancia. Nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, cómpre que non esquezamos a importancia das relacións humanas, do xogo tradicional e da experimentación como actividades indispensables para comprender o mundo e establecer lazos afectivos.
- Titulo: A princesa que bocexaba a todas horas
- Autor: Gil Martinez, Carmen
- Editora: OQO
- Idioma: Galego
- Capa: TAPA DURA
- Ano de edição: 2022
- Assunto: LIBROS > INFANTIL Y JUVENIL